A Asociación Agraria de Galicia, xunto co resto das organizacións profesionais agrarias, tivo esta mañá en Santiago unha reunión co conselleiro do Medio Rural, José González, para valorar o paquete de medidas que o Goberno español aprobou para combatir as consecuencias da seca no campo. De xeito unánime, todos os que participaron nesa reunión decidiron rexeitar as medidas tomadas polo Consello de Ministros, por entender que son discriminatorias para Galicia.

O decreto do Goberno central enumera primeiro as circunstancias derivadas da guerra de Ucrania e a sua influenza na alza dos costes de produción, e, posteriormente, tamén fai referencia á crise derivada da falta de chuvia en moitas Comunidades Autónomas. Para nos, o principal problema que atopamos nesta iniciativa é que diferencia ás rexións en tres categorías de afectación: alta, media e moderada. Ubicando ás comunidades da franxa cantábrica nesta última categoría que é a que recibe un porcentaxe de axudas moito menor.

Todos os participantes nesta reunión entenderon que isto non ten sentido xa que a Galicia, así como Asturias, Cantabria e Euskadi (comunidades coas que nos próximos días se manterán contactos para intentar organizar unha fronte común), aféctalle igualmente a crise de costes dado que os nosos gandeiros tamén dependen enormemente de piensos, abonos, combustibles, palla, etc. Materias primas e suministros que estan igual de caros en todo o estado. Ademais, aínda que no norte pode chover algo máis que no centro e no sur da península, debemos destacar que coma nos non temos infraestructuras de almacenamento e sistemas de rego, en canto deixa de chover un mes xa padecemos problemas coa auga igual ou peor que noutros puntos de España. Polo tanto, imos solicitar unha reunion co Ministro de Agricultura para correxir este agravio con Galicia, ademais de crear un grupo de traballo para facer un seguimento da situacion nos vindeiros meses.

Se a crise de costes afecta por igual a todo o país, o decreto ministerial non pode favorecer máis a unhas comunicades que a outras

[heading]Gandaría intensiva[/heading]

Outro dos principais erros que atopamos neste decreto, é que non presta atención ás explotacións de gandaría intensiva. Esquécese totalmente delas, tanto das de cebo de vacún, coma das aviares ou das porcinas. Na Asociación Agraria de Galicia queremos manifestar que este tipo de granxas sufren tanto ou máis cas extensivas a crise de suministros e a seca que afecta a toda Europa. Por elo, pedimos que se teña en conta a estes gandeiros á hora de repartir as axudas do ministerio.

 

 

Comments are closed.