Esta tarde inaugurouse a nova sede da Asociación Agraria de Galicia en Valdeorras. Dende este mes de xullo, tódolos socios da organización, así coma os agricultores, gandeiros e produtores forestais da comarca; terán a súa disposición as instalacións e o personal técnico desta organización para consultar calquera dúbida ou resolver os problemas que se lle presenten na súa explotación.

O presidente da asociación, Francisco bello, asegurou no transcurso do acto inaugural que “a nosa organización, unha das máis importantes do sector agropecuario galego, potenciará a súa presenza na comarca e no oriente ourensan coa apertura dunha nova sede; moito máis grande, que contará cun completo equipamento técnico, e con personal especializado que ofrecerá un amplio catálogo de servizos aos agricultores, gandeiros e silvicultores da zona”.

A Asociación Agraria de Galicia é unha organización profesional que traballa por tódolos homes e mulleres do rural galego. Dende a súa fundación, este colectivo, ademais de colaborar coas distintas administracións públicas, adica o seu esforzo diario a defender os intereses dos seus asociados, así como de todo o medio rural, para mellorar a calidade de vida dos veciños das aldeas, pobos e vilas de Galicia.

O presidente da asociación, Francisco Bello, afirmou que “a nosa nova sede na Rúa se convertirá nun lugar de referencia para os gandeiros e agricultores da comarca”

Apoio ao medio rural
Francisco Bello informou aos asistente de que “o personal técnico da Asociación Agraria de Galicia en Valdeorras, apoiado polo completo equipo de profesionais que ASAGA ten en Galicia (enxeñeiros agrícolas e forestais, xuristas, economistas,…), ofrecerá solucións para calquera tipo de problemas que se poidan presentar aos profesionais do sector agropecuario, axudará á tramitación de todo tipo de axudas e subvencions, e colaborará conxuntamente cos seus socios no desenvolvemento dun gran número de proxectos relacionados co medio rural”.

Tódolos habitantes da comarca que queiran coñecer a nova sede da Asociación Agraria de Galicia en Valdeorras, poden achegarse pola oficina sita no número 74 da Rúa Progreso, na Rúa de Valdeoras.

 

Comments are closed.