Ante a grave situación á que se está enfrentando Galicia nos últimos días, debido á terrible vaga de incendios que estamos sufrindo, a Asociación Agraria de Galicia quere manifestar o seguinte:
- En primeiro lugar, agradecer o seu esforzo a tódolos profesionais da loita contra incendios que traballan sen descanso para acabar coas chamas.
- Despois, valorar enormemente a valentía e a solidaridade mostrada pola gran maioría dos galegos que están axudando en todo o que poden para combatir as lapas.
- E, por último, destacar que, dende o primeiro incendio detectado, os gandeiros, agricultores e habitantes do rural saíron das súas casas arriscando a súa integridade física e a súa maquinaria profesional (tractores, equipos de rego, desbrozadoras, etc.) para afastar o lume das vivendas e das prantacións. Se non fose polo inmenso esforzo dos homes e mulleres do rural, hoxe estaríamos falando dunha traxedia moitísimo maior e serían moitas as casas que caerían cercadas polas chamas nas aldeas e vilas de Galicia.
[heading]Persecución dos culpables[/heading]
Pedimos as autoridades que se persiga a tódolos culpables de provocar estes incendios, e que se poñan a disposición xudicial o antes posible, exisindo que se lles apliquen as maiores penas establecidas.
Por outra banda, ante algunhas opinións que levamos lido e escoitado estos días, a Asociación Agraria de Galicia quere lembrar que o monte na nosa comunidade ten dono. Que ninguén se esqueza que o aproveitamento forestal xenera unha riqueza moi importante para Galicia.
Por todo isto, calquera medida que se pretenda implementar dende a administración, ten que ter en conta a opinión dos propietarios e explotadores forestais. Personas que, precisamente, son os que sufriron as maiores perdas no seu patrimonio.
Quere agradecer aos homes e mulleres do rural que arriscaron a súa integridade física e a súa maquinaria para combatir as chamas, colaborando cos equipos de extinción
Comments are closed.