As xeadas do mes de abril puxeron en evidencia que a maioría dos viticultores afectados non tiñan póliza porque, en boa medida, as pólizas non se adaptan á realidade galega. De feito, Galicia é unha das comunidades con menor porcentaxe de contratación de seguros en viñedo. Apenas o 20%.
O Ministerio de Agricultura (vía Enesa, que é a Entidade Estatal de Seguros Agrarios) decidiu finalmente subir a valoración nas pólizas das uvas de variedades galegas segundo recolle na orde publicada no Boletín Oficial do Estado no día de hoxe, que define as condicións de aplicación da liña con garantías adicionais para á uva para vinificación comprendida no plan de Seguros Agrarios.
Nela recóllese unha demanda da nosa asociación e de todo o sector agrario galego: adaptar as liñas de seguros á realidade de cada denominación de orixe galega, tanto no que se refire á actualización dos prezos da uva como dos rendementos.
Conseguiuse unhas das demadas más solicitadas pola Asociación Agraria de Galicia dende hai tempo
[heading]Godello e mencía[/heading]
Na orde recóllense as modificacións de prezos das variedades de uva máis significativas das Denominacións de Orixe de Valdeorras, Ribeira Sacra, Monterrei e Ribeiro. Petición que foron trasladadas pola Consellería do Medio Rural e polas organizacións agrarias ao presidente da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) durante os encontros mantidos en Galicia nos últimos meses.
Na Denominación de Orixe Monterrei, a máis afectada polas xeadas de abril, a valoración da variedade reina nesta D.O., godello, pasa dun mínimo de 0,43 euros o quilo e un máximo de 0,57, a un mínimo de 0,50 e un máximo de 0,70 euros o quilo. Tamén nesta D.O. revalorízase a variedade mencía para percibir unha indemnización do seguro: pasa dun intervalo de entre 0,43 e 0,59 euros o quilo, a entre 0,50 e 0,70 euros o quilo.
[heading]Valdeorras e Ribeira Sacra[/heading]
Na Denominación de Orixe Valdeorras, outra das máis afectadas, a variedade godello pasa de valorarse para Enesa de entre 0,43 e 0,58 euros o quilo, a entre 0,60 e 1,1 euros o quilo de uva. Tamén sobre a valoración da mencía: pasa dun intervalo de entre 0,43 e 0,63 a estar entre 0,65 e 0,85 euros o quilo de uva.
En Ribeira Sacra, a variedade reina desta D.O., mencía, tamén experimenta unha subida na valoración para a contratación do seguro e, por tanto, para a posible indemnización. Pasa de entre 0,57 euros como mínimo e 1,00 euros o quilo como máximo, a entre 0,57 e 1,20 euros.
Na Denominación de Orixe Ribeiro apenas se notan cambios, pois a variedade preponderante, a treixadura, mantense para Enesa nunha valoración de entre 0,57 e 0,97 euros o quilo. E en Rías Baixas tampouco se rexistran novidades, xa que o albariño segue valorándose entre 0,57 e 1,30 euros o quilo.
Comments are closed.