No día de hoxe, o Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente abriu o prazo para solicitar á administración a concesión de dereitos de prantación de viñedo. O último día para a presentación de solicitudes será o 28 de febreiro.
Para poder solicitar estas axudas, os demandantes tiveron que realizar algún tipo de actividade agropecuaria os últimos cinco anos, ou, no seu lugar, demostrar que asistiron a 30 horas de formación agrícola por cada ano no que non estivesen activos. Tamén deberán xustificar que son os propietarios dos terreos onde queren realiza-la prantación, ou que posúen un contrato de aluguer do terreo dunha duración mínima de cinco anos.
As persoas interesadas en solicitar estes dereitos, poden acudir á súa oficina máis cercana da Asociación Agraria de Galicia para informarse.
[heading]Axudas para a reestructuración de viñedos[/heading]
Por outra banda, a Asociación espera que a Consellería do Medio Rural faga públicas na primeira quincena de febreiro a convocatoria de axudas para a reestructuración de viñedos.
Comments are closed.