Tralas declaración feitas onte pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, nas que afirmaba que “non é posible artellar unha axuda directa por quilo de uva afectada”, a Asociación Agraria de Galicia quere pedirlle á administración que estudie tódalas opcións existentes nestes momentos e que non descarte ningún tipo de medida, entre as que se encontrarían esas mesmas axudas directas. Ante a gravidade da situación provocada polas xeadas da semana pasada, a resposta da Xunta debe ser excepcional. Non podemos esquecer que, segundo os productores, estamos falando dos maiores danos que sufre o sector vitícola en décadas.
Por outra banda, o presidente da Asociación Agraria de Galicia, Francisco Bello, valorou “positivamente” que Ángeles Vázquez anunciase que a intención da súa consellería é “ofrecer outras solucións como bonificacións fiscais, créditos brandos ou axudas para facer a repoda e que non supoña un custo engadido a estes profesionais”. Iso si, o voceiro da Asociación Agraria de Galicia pediulle á consellería do Medio Rural que “actúe coa máxima rapidez posible. Tódalas axudas que se den aos viticultores para intentar reducir os danos nos viñedos débense conceder canto antes, xa que o éxito deste tipo de medidas correctoras depende en gran parte da rapidez coa que se actúe”.
[heading]Cotas anuais[/heading]
Dende a nosa asociación tamén queremos propoñerlle á conselleira que estudie a posibilidade de que, trala vendima deste ano, a Xunta axude aos viticultores e ás bodegas a abonar os distintas pagos que lle deben facer aos consellos reguladores. Tanto nas cotas anuais dos productores, coma no coste que deben asumir os adegueiros polas tirillas e polas catas de calificación.
Ante os danos producidos polas xeadas, a asociación propón que á Xunta tamén colabore cos productores e cas adegas para abonar os pagos que lle deben facer aos consellos reguladores
Comments are closed.