O presidente, Francisco Bello, considera que “a repercusión nos costes de producción das explotacións agrarias e gandeiras vai ser tremendo”
O furacán Kirk, convertido nunha forte borrasca a súa chegada a Galicia, deixou tras de sí infinidade de incidencias e danos importantes no campo galego. As rachas de vento de máis de 180 km/h e as intensas choivas, “afectaron poderosamente a parcelas enteiras de millo en amplas zonas de Galicia”. Así o explica Francisco Bello, presidente da Asociación Agraria de Galicia, ASAGA, que afirma que “entre un 50 e un 75% da colleita estaba sen recoller cando apareceu a borrasca”.
Os danos causados, considera Bello, “son de moita importancia e teñen que ser tomados en conta” porque, explica, “a repercusión nos costes de producción das explotacións agrarias e gandeiras, durante todo o inverno, vai ser tremendo” polo que “se debería estudar a posibilidade de habilitar axudas que foran posibles desde as diferentes administracións”.
Para o presidente de ASAGA, a declaración de zona catastrófica “pode ser una posibilidade para que as axudas cheguen aos afectados”. En todo caso, explica, “os que teñan asegurada a colleita a lo menos poderán recuperar algo, pero por desgracia son os menos”.
A día de hoxe, moitas explotacións agrarias e gandeiras atópanse co problema de non poder aproveitar o millo que aínda queda no campo. “No momento da chegada da borrasca, o millo non valía para recoller porque aínda non estaba no punto óptimo, e o que queda está arrasado, as máquinas non o van poden recoller”, explican desde ASAGA.
Outros produtos como a castaña ou a pataca da Limia, tamén viron afectada a colleita pola chegada da borrasca.
- Galego
- Español
