A Asociación Agraria de Galicia presentou esta semana as súas candidaturas ás eleccións convocadas nos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe e das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia. ASAGA concorrerá en 12 dos 15 organismos que no mes de febreiro renovarán os seus plenos.
A asociación presentou 100 candidatos nas listas coas que concorre a 26 censos. Esta cifra significa un importante aumento respecto aos últimos comicios celebrados en xullo de 2017, nos que presentouse en 17 censos de 9 Consellos. Un incremento notable, sobre todo, se temos en conta que nesta ocasión non se convocaron eleccións en dúas IXP’s nas que se obtivo representación hai seis anos.
A Asociación Agraria de Galicia concorrerá en 26 censos, cos 100 candidatos que integran as súas listas
[heading]Referente do medio rural galego[/heading]
O presidente da Asociación Agraria de Galicia, Francisco Bello, aspira a que “co apoio que agardamos obter nestas eleccións, a nosa organización continuará a ser un referente dentro do medio rural galego, defendendo os intereses dos gandeiros, agricultores e pemes agroalimentarias do noso país”. “Dende a directiva da asociación -continuou Francisco Bello-, queremos agradecer o esforzo e a ilusión de todas as persoas e empresas que forman as nosas listas. E, por suposto, tamén queremos poñer en valor o traballo incansable de todos os membros e colaboradores de ASAGA que
conseguiron compor nun tempo record todas estas candidaturas, a pesar dun calendario electoral que obrigou a un esforzó extra en plenas festas de Nadal”.
[heading]Listado dos Consellos Reguladores[/heading]
A continuación, adxuntamos o listado dos Consellos Reguladores aos que a Asociación Agraria de Galicia presentou candidaturas:
– CRDO Monterrei
– CRDO Rías Baixas
– CRDO Ribeira Sacra
– CRDO Ribeiro
– CRDO Valdeorras
– IXP Carnes de Vacún de Galicia
– IXP Castaña de Galicia
– Consello Regulador Agricultura Ecolóxica de Galicia
– IXP Pataca de Galicia
– IXP Mel de Galicia
– CRDO Arzúa-Ulloa
– CRDO Queixo Tetilla
Comments are closed.