A Asociación Agraria de Galicia conseguiu movilizar neste domingo a máis de 500 persoas de todas as comarcas galegas, para apoiar en Madrid a histórica manifestación en defensa do Medio Rural. A cita, que ademais de pola nosa asociación, foi convocada por ASAJA, COAG, UPA, a Real Federación Española de Caza, a Oficina Nacional de la Caza, a Unión de Criadores del Toro de Lidia, a Federación Nacional de Comunidades de Regantes de España, Cooperativas Agro-Alimentarias e Alianza Rural; foi un auténtico éxito de participación.
Baixo os lemas, “Xuntos polo campo” e “Co rural non se xoga”, máis de cincocentas persoas subíronse onte aos dez autobuses que fletou ASAGA e que fixeron varias paradas en distintos puntos das catro provincias galegas. Entre outros, Santiago, Lugo, Lalín, Silleda, A Rúa, Carballo, Ordes, ou Trazo.
Comments are closed.