A Asociación Agraria de Galicia, en primeiro lugar, quere poñer de manifesto que sempre recoñeceu a importancia de preservar e protexer o noso entorno natural, así como que sempre mostramos o noso compromiso coa restauración da natureza en armonía coa actividade agrícola. Pero, iso si, despois de que o Parlamento Europeo aprobase en Estrasburgo hai uns días a “Lei de Restauración da Natureza”, temos que comunicar a nosa preocupación polas consecuencias negativas que poida ter para os agricultores galegos, españois e europeos.

En primeiro lugar, debemos lembrar que esta lei xa foi rechazada tres veces nos comités do Parlamento Europeo que teñen competencias sobre o sector primario. Un dato que xa mostra ata que punto a postura defendida pola Comisión Europea foi parcial, punitiva e ideolóxica. Para nos, a principal oposición a esta lei debe basarse na falta de equilibrio e flexibilidade nas medidas propostas. Cremos firmemente que a restauración da natureza debe ter en conta as particularidades de cada rexión e as diferentes prácticas agrícolas que se empregan en Europa.

Tal como xa advertimos na nota de prensa do pasado 27 de xuño, finalmente confirmáronse as nosas malas intuicións. A pesar das emendas, esta lei sigue estando fundamentalmente mal preparada e seguirá sendo inaplicable para os agricultores e propietarios forestais. Por iso mesmo, queremos responsabilizar da aprobación desta lei, e das nefastas consecuencias que poida ter para os agricultores europeos, ao ponente da norma, César Luena (eurodiputado do PSOE), a ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico do Goberno español,Teresa Ribera, e ao vicepresidente primeiro da Comisión Europea, Frans Timmermans. Que son os tres políticos que hoxe iniciaron as negociacións (trílogos) para a implantación final da lei.

A normativa aprobada en Estrasburgo por un axustado marxe de 324 votos a favor e 312 en contra pode ter consecuencias gravísimas para os agricultores e gandeiros da UE

[heading]Falta de orzamento propio[/heading]

Outro aspecto alarmante desta proposta é que carece de orzamento propio. E, por suposto, non debemos permitir que a financiación da restauración da natureza veña do xa maltreito fondo da PAC, sobrecargado pola incerteza da guerra en Ucraína, a inflación e os altos custos de materias primas e enerxía, así como das condicións climáticas adversas.

En ASAGA estamos comprometidos coa búsqueda de solucións que reconcilien a restauración da natureza e as necesidades dos agricultores. Apostamos por un enfoque basado na colaboración e o diálogo entre as institucións europeas, os agricultores e outros actores relevantes. Do mesmo xeito, cremos que é posible atopar solucións equilibradas e realistas que fomenten a coexistencia pacífica entre a agricultura e o medio ambiente.

Deste modo, a Asociación Agraria de Galicia e o resto de organización membras do Copa-Cogeca permaneceremos vixiantes ás negociacións que se celebren nos vindeiros meses, asegurándonos de que se respete a subsidiariedade e a inclusión activa dos agricultores na toma de decisións que afecten directamente ao noso sector.

[heading]Voces críticas coa lei[/heading]

Por último, queremos trasladar o noso agradecemento aos membros do Parlamento Europeo e aos expertos que expresaron o seu apoio aos agricultores e que recoñeceron as nosas preocupacións. Por exemplo, o coñecido xornalista César Lumbreras, o director de Agropopular, opinou que “esta proposta da Comisión Europea para restaurar os ecosistemas máis dañados da Unión Europea no horizonte 2030-2050 pode estar moi ben en moitos aspectos, pero, dende o punto de vista da xente do campo e dos consumidores, pode ter un alto coste. Existe a posibilidade de que se deixen de cultivar terras, de que haxa menos produción de alimentos, de que aumenten os costes de produción de agricultores e gandeiros, de que diminúa a nosa soberanía alimentaria e, en resumo, de que suban os prezos dos alimentos por todo o anterior. E iso, hai que contalo tamén”.

 

 

Comments are closed.