• galego
  • Español

ASAGA apoia totalmente a manifestación convocada para mañá en defensa da permanencia de ENCE en Pontevedra

A Asociación Agraria de Galicia quere facer público o seu total apoio á manifestación convocada para mañá venres en defensa da permanencia de ENCE en Pontevedra. Se o Goberno central non confirma a prórroga de 60 anos concedida polo executivo anterior, todo o sector forestal galego sufrirá unha das peores crises da súa historia. De ENCE non só dependen 5.100 empregos directos e indirectos, dos cales máis de 2.000 son do sector forestal; dependen tamén miles de familias do rural galego que tódolos anos reciben en torno a 50 millóns de euros pola venda da súa madeira á pastera pontevedresa. Se finalmente o Goberno presidido por Pedro Sánchez non mantén a prórroga otorgada a ENCE ata 2073, as consecuencias para Galicia poden ser terribles.

Dende a nosa organización, e dende a súa nova sección ASAGA Forestal, entendemos que é imprescindible que se solucione esta situación canto antes, dándolle á empresa papelera tódalas garantías necesarias de que ten asegurada a súa permanencia en Galicia ata 2073. Só dese xeito nos aseguraríamos que se realicen as grandes inversións que se comprometeron a levar a cabo dende este ano ata 2023. Entre elas, se atopan importantes proxectos para mellorar as condicións laborais dos empregados da pranta, e obras fundamentais para continuar mellorando no coidado do noso medio ambiente.

A Asociación Agraria de Galicia avisa que pechar a empresa papelera sería un enorme erro que provocaría a perda de miles de postos de traballo

Resposta das institucións galegas

A Asociación Agraria de Galicia quere pedir a tódolos responsables políticos galegos que defendan os intereses da nosa comunidade. Non poden permitir que desapareza unha das principais fontes de emprego que temos, que ademais é unha parte fundamental da estructura do noso sector forestal. Sería imperdonable que non se respondese como é preciso ás actitudes irresponsables das asociacións supostamente ecoloxistas que esixen o peche da factoría pontevedresa, sen importarlle cantos miles de familias se quedarían sen ingresos. Na comarca de Pontevedra e en todo o rural galego.