• galego
  • Español

ASAGA participará mañá en Madrid na manifestación para protestar contra a ampliación do nivel de protección do lobo

A Asociación Agraria de Galicia participará mañá en Madrid na manifestación convocada para protestar contra a proposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico de aumentar o nivel de protección do lobo. O obxectivo é impedir que se efectúe a inclusión deste animal no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESPE), unha decisión que podería facerse efectiva antes do 25 de setembro se a ministra Teresa Ribera continúa adiante co seu proxecto de Orde Ministerial.

 

A entidade organizadora, a Plataforma en Defensa da Xestión do Lobo “Ganader@ Viv@”, animou a todas as persoas comprometidas coa gandería e o mundo rural a unirse ás máis de 30 asociacións que a compoñen na movilización que terá lugar mañá mércores, ás 12 horas, na Praza de San Juan de la Cruz. Será fronte a sede do MITECO en Madrid, para protestar contra a medida do Gobierno baixo o lema “E aos gandeiros, quen os protexe?”. A Plataforma reivindicará a realidade deste sector coma o principal protagonista dos ataques do animal e a necesidade de manter a súa xestión coma a única ferramenta eficaz para a supervivencia da súa actividade.

 

Neste senso, dende “Ganader@ Viv@” demandan que a determinación do Ministerio de facer público o proxecto de Orde Ministerial sen contar coa participación do sector gandeiro “non é máis que o reflexo do abandono ao que nos están sometendo”, destaca a gandeira e portavoz da Plataforma, Merche Fernández, ao que añade que “se non deixan de atacarnos, entón vannos oír. Porque non nos imos quedar calados”.

 

A Plataforma recalca que a concentración realizarase conforme a normativa de seguridade establecida fronte á Covid-19, garantizando o cumplimento da distancia de seguridade e otorgando aos participantes mascarillas e botes de xel hidroalcohólico de uso individual.

A Plataforma en Defensa da Xestión do Lobo “Ganader@ Viv@” anima ao mundo rural a alzar a súa voz este mércores fronte ao MITECO

Membros da plataforma

A día de hoxe, a Plataforma “Ganader@ Viv@” suma 37 asociacións relacionadas co mundo rural entre as que se atopan ASAJA Nacional, Asociación Agraria de Galicia (ASAGA), Unión de Uniones de Agricultores y Ganaderos, Unión de Ganaderos, Agricultores y Silvicultores de la Comunidad de Madrid (UGAMA), Interprofesional Agraria del Vacuno y del Ovino (INTEROVIC), Asociación Española de Productores de Vacuno de Carne (ASOPROVAC), Unión de Criadores de Toros de Lidia (UCTL), Asociación de Ganaderías de Lidia, Asociación de Ganaderos de Reses de Lidia, AIGAS- La Unión, Unión de Ganaderos de Vacas Nodrizas (UGAVAN), Asociación de Criadores de Raza Asturiana de Montaña (ASEAMO), Asociaciones Española de Vacuno y Equino Raza Monchina, Asociación Equino Hispano Bretona de Cantabria, Asociación Española de Raza Avileña Negra Ibérica, Asociación de Criadores de Hispano Bretón de la Montaña Asturiana (ACGEMA), Asociación de Ganaderos de Raza Ojinegra de Teruel, Asociación de Criadores de Vacuno Agrupación Pasiega, Alianza Rural, Plataforma contra el Lobo y el Oso de Aragón, Juntas Tradicionales de Izki, Real Federación Española de Caza (RFEC), Asociación para la Promoción del Turismo Cinegético (APTCE), Asociación Española de Rehalas, Asociación Interprofesional de la Carne de Caza (ASICCAZA), Federación Cántabra de Caza, Fundación Artemisan, Oficina Nacional de la Caza (ONC), la Asociación de Rehalas Regionales Españolas Caza y Libertad (ARRECAL), Asociación para la Defensa del Cazador y Pescador (ADECAP), delegaciones regionales de Castilla y León, Castilla-La Mancha y Noroeste de la Asociación de Propietarios Rurales para la Gestión Cinegética y la Conservación del Medio Ambiente (APROCA España), Real Club de Monteros, Safari Club International Iberian Chapter, Dehesa La Higuera C.B. e Orden Internacional de San Huberto.