A Asociación Agraria de Galicia súmase á petición de ASAJA, COAG e UPA e pedirá a dimisión da vicepresidenta Teresa Ribera si, con carácter inmediato, non se retira o proxecto de orde ministerial que inclúe ao Lobo no Listado de Especies Silvestres de Protección Especial (LESPRE). A sorprendente publicación de onte do proxecto de orde ministerial que inclúe ao lobo no listado suporía liquidar o marco de negociación aberto para buscar o consenso.

 

Con este movemento, a ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico incumple de forma unilateral o exposto ás organizacións agrarias na reunión do 12 de maio, na que o Director de Biodiversidade do MITECO afirmou que vincularíase a aprobación desta orde a unha estratexia integral de xestión e control do lobo consensuada previamente con gandeiros e CC.AA. Do mesmo xeito, ASAGA tamén rexeita frontalmente a data do 25 de setembro como o límite de entrada do Lobo no LESPRE.

 

O rexeitamento da inmensa maioría das organizacións agrarias ven motivado polas seguintes cuestións:

 

  • A inclusión ou non do lobo no LESPRE só pode ser o resultado obtido da elaboración dunha “Estratexia de Conservación do Lobo” e dunha normativa que dé seguridade xurídica.

 

 

  • Existe de novo unha contradicción por parte do MITECO se segue adiante coa publicación desta orde, xa que non é posible abordar de forma efectiva unha “Estratexia de Conservación do Lobo” se non hai unha visión integral da situación. É necesario que, unha vez que fose consensuada a Estratexia, se adopten as medidas necesarias para clasificar ao lobo onde sexa máis adecuado para a súa conservación, sen perxudicar nin poñer en perigo á actividade gandeira.

 

  • A intención de publicar esta orde ministerial con tanta premura só pode indicar que o obxectivo único do MITECO é o da expansión do lobo no territorio, ignorando as consecuencias que isto terá para a gandería extensiva e para o medio rural.

 

  • Antes de realizar actuacións dirixidas á expansión e aumento no número de lobos, é preciso analizar o actual número de manadas e exemplares que existen, e debatir as medidas máis efectivas que faciliten a coexistencia do lobo coa gandería: control poblacional, axudas para implementar medidas de prevención e compensacións públicas frente aos danos.

 

  • Neste proxecto de orde queda recollida de forma difusa a vinculación da entrada en vigor da norma coa publicación da “Estratexia de Conservación do Lobo”, e novamente observamos a contradicción deste Ministerio, non podendo xustificar esta actuación. A inclusión ou non do lobo no LESPRE ten que ser o resultado dun traballo conxunto entre OPAS e Comunidades Autónomas afectadas.

A ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico incumpliu unilateralmente o que lle prometeron ás organizaciós agrarias o 12 de maio

Comments are closed.