• galego
  • Español

ASAGA pídello ao Goberno español que non execute o plan de cobrar peaxes en autovías e estradas convencionais

A Asociación Agraria de Galicia quere mostrar o seu total desacordo co plan do Goberno español de implantar peaxes nas autovías e nas estradas da rede viaria estatal. Para o presidente de ASAGA, Francisco Bello, “esa decisión podería perxudicar gravemente a tódolos cidadáns, pero especialmente ás empresas e autónomos que dependen de realizar ou recibir envíos regularmente. Esa nova fiscalidade viaria vai perxudicar enormemente a todos os sectores da nosa economía, ademais de a todos os cidadáns que se desprazan por motivos familiares ou de ocio”.

 

No caso particular de Galicia, esa decisión aínda sería moito máis inxusta. Non esquezamos que dentro de España, e incluso dentro da Unión Europea, a nosa rexión é unha das que sufre uns peaxes máis caros. O coste por quilómetro da AP-9 ou da AP-53, entre outras, son elevadísimos. Uns prezos que xa supoñen un grave atranco para mellorar a competitividade das empresas galegas. E estamos falando da principal vía de comunicación de Galicia, a que une cinco das sete ciudades galegas, así coma os tres aeroportos entre si, e que se extende ata a frontera portuguesa; así como da vía que une Santiago, e o resto da AP-9, con Ourense e a zona interior de Pontevedra.

O estado xa ten unha débeda histórica con Galicia en materia de infraestructuras, e esta decisión non faría outra cousa máis que aumentala

Decisión inxusta con Galicia

Que a curto ou medio prazo decidisen cobrar peaxes nas poucas autovías que ten a nosa comunidade, e xa non digamos noutras estradas, sería unha decisión nefasta para os intereses dos galegos, así coma tremendamente inxusta. Unha inxusticia que aínda agravaría máis a histórica débeda que ten o estado coa nosa rexión en materia de infraestructuras: retrasos na rede viaria, chegada do tren de alta velocidade, líneas de FEVE que non se modernizan, retrasos na construcción dos portos exteriores (na zona que máis accidentes de petroleros sufriu), etc.

 

Por todo o dito anteriormente, a Asociación Agraria de Galicia, quere pedirlle ao Goberno que reconsidere este plan, e que non comece a cobrar peaxes nas autovías nin nas estradas convencionais de Galicia nin do resto do estado.