A OPA pide garantías reais para a agricultura europea ante o novo Marco Financieiro Plurianual
Coincidindo coa reunión extraordinaria de ministros de Agricultura da Unión Europea, ASAGA e ASAJA esixen ao Goberno de España unha posición firme contra o Acordo UE-Mercosur na súa forma actual e reclama garantías reais para a agricultura e a gandería europeas ante a modificación do Marco Financieiro Plurianual post-2027. A organización advirte de que o acordo amenaza a viabilidade de miles de explotacións e perxudica tamén aos consumidores, ao permitir a entrada de alimentos con estándares de calidade, seguridade e sostibilidade inferiores aos esixidos na UE.
A Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) e a Asociación Agraria Jóvenes Agricultores (ASAJA) reclamaron hoxe ao Goberno de España unha posición clara e firme de oposición ao Acordo UE–Mercosur na súa forma actual, coincidindo coa reunión extraordinaria de ministros de Agricultura da Unión Europea, na que a Comisión presentará unha proposta de modificación do Marco Financieiro Plurianual (MFP) post-2027.
ASAGA e ASAJA trasladaron esta posición nunha carta dirixida ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, na que advirten do grave impacto que o acordo tería sobre sectores especialmente sensibles como a carne de vacún, as aves, o azucre, o etanol, os cítricos, o arroz, a mel ou o millo, e da falta de reciprocidade nas normas sanitarias, medioambientais e de trazabilidade esixidas ás produccións importadas frente ás europeas.
O acordo, tal e como está plantexado, pon en risco a viabilidade económica de milleiros de explotacións agrarias e gandeiras, nun contexto xa marcado polo aumento dos costes, a presión regulatoria e a inestabilidade dos mercados. A organización considera ademais claramente insuficiente o regulamento de salvaguardas proposto pola Comisión Europea, ao non permitir unha actuación preventiva nin automática ante perturbacións do mercado.
ASAGA e ASAJA alertan de que o Acordo UE-Mercosur non só perxudica a agricultores e gandeiros europeos, senón tamén aos consumidores, ao abrir a porta a alimentos producidos con estándares de calidade, seguridade alimentaria e sostibilidade inferiores aos esixidos na Unión Europea. A recente decisión do Goberno francés de prohibir determinadas sustancias fitosanitarias en frutas importadas de Sudamérica confirma a preocupación crecente pola falta de reciprocidade. Por todo elo, a organización reclama ao Goberno de España que non utilice compensacións orzamentarias para xustificar Mercosur e defenda unha política agraria e comercial coherente, que protexa a produción europea, garantice alimentos seguros e de calidade e preserve o futuro do medio rural.
A nova proposta orzamentaria: avances con riscos
En paralelo, ASAGA e ASAJA analizaron a proposta que a Comisión Europea presentará hoxe aos ministros de Agricultura, que contempla:
- Un incremento potencial de 45.000 millóns de euros para agricultura, mediante o adelanto de márxenes orzamentarios do futuro MFP.
- A apertura de 48.700 millóns de euros do Fondo Rural para medidas agrícolas.
- Dúas medidas adicionais relativas a fertilizantes (CBAM ou antidumping) e á reciprocidade comercial frente a terceiros países.
ASAGA e ASAJA advirten de que estos fondos serían de carácter voluntario para os Estados membros, o que introduce un risco real de desigualdade e fragmentación do mercado único, se algúns países non os solicitan ou os aplican de forma desigual. Por elo, a organización esixe que calquer reforzo orzamentarios para a PAC sexa obrigatorio, exclusivo para a agricultura e cun marco de rendemiento propio, que teña en conta indicadores socioeconómicos e non únicamente ambientais.
Todas estas medidas foron aprobadas grazas á presión exercida na manifestación do pasado 18 de decembro, á que asistimos xunto co resto de organización baixo o paraugas do COPA. A Asociación Agraria de Galicia amósase satisfeita e manifesta o seu agradecemento a todos os que participaron nela. Ademais, a reunión mantida ese mesmo día polo presidente de ASAGA, Francisco Bello, cos comisarios, fixo posible que tanto os comisarios de Agricultura como o resto aos que se dirixiu, trasladaran as reivindicacións á presidenta da Comisión Europea, Úrsula Von der Leyen.
- Galego
- Español
