• galego
  • Español

Hoxe finalizó o curso de formación para gandeiros que ASAGA organizou en Viana e no Bolo

Durante esta semana a Asociación Agraria de Galicia desenvolveu un completo Curso de Formación para Gandeiros en Viana do Bolo e en Lentellais (O Bolo).
Os asistentes, en cinco intensas sesións, aumentaron os seus coñecementos en informática aplicada ás explotacións agrogandeiras, xestión de axudas, indemnizacións por ataques de animais e seguros agrarios.