• galego
  • Español

ASAGA esixe ás industrias lácteas que suban o prezo do leite

A Asociación Agraria de Galicia participou hoxe en Madrid na reunión que convocou o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para analizar a situación actual do sector lácteo en España. O presidente de ASAGA, Francisco Bello, transmitiulle ao secretario xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda, a dramática situación pola que está pasando o sector productor lácteo. Os coste de produción actuáis non só é que non permitan que as explotacións lácteas obteñan o beneficio necesario para calquera actividade económica, se non que nin sequera logran cubrir os costes.

 

Dende a Asociación Agraria de Galicia incidiuse en que nunca se viviu en España unha situación así. Os gandeiros tiveron que asumir subidas dos seus provedores entre o 30 e o 100% respecto ao ano anterior. Electricidade, combustible, pensos, transporte, recambios,…

 

Francisco Bello pediulle ao secretario xeral do Ministerio que se deben renegociar ao alza os contratos existentes entre a industria e os gandeiros. Cada un deles debe mellorarse, coma mínimo, en base aos costes de produción actuáis.

 

Lei da Cadea Alimentaria

O Ministerio comprometeuse a que a nova Lei da Cadea Alimentaria se aprobará este ano. Nela, hai dous artigos que son de especial interese para os gandeiros:

  • A industria non pode pagarlle ao gandeiro polo leite menos que o que lle suponen os costes de produción.

 

  • Non se pode destruir o valor de ningún producto alimentario. Queda totalmente prohibida calquera tipo de promoción que supoña vender a perdas, ou ao mesmo valor que o coste de compra.

 

Actuacións inmediatas

Francisco Bello pediulle ás industrias lácteas, no transcurso da reunión mantida hoxe en Madrid, que teñen que mover ficha inmediatamente. “Cada ano están desaparecendo un 5% das explotacións gandeiras españolas. Esta situación non se pode manter máis no tempo”, asegurou o presidente de ASAGA. O Ministerio pode axudar a controlar esta situación pedindo que se empreguen ferramentas de cálculo de produción, coma a “Conta Láctea” que promove a Xunta de Galicia, que permitan que os gandeiros poidan demostrar os costes reais das súas explotacións. A través destas aplicacións poderíamos impedir que non se asinase ningún contrato que marcase un prezo polo leite inferior aos costes de produción.