• galego
  • Español

Esta semana ASAGA continuará coas “Xornadas divulgativas sobre a prevención de riscos laborais”en Castro de Rei e en Friol

Durante o mes de outubro, a Asociación Agraria de Galicia continuará coa organización en varios puntos da nosa comunidade dunha serie de “Xornadas divulgativas sobre a Prevención de Riscos Laborais no uso de Maquinaria Agrícola”. Mañá martes haberá unha sesión no Mercado Gandeiro de Catro Ribeiras de Lea, (Castro de Rei), a partir das 11:30 da mañá. O mércores, á mesma hora, a xornada celebrarase no Centro Sociocultural de Friol

 

Todas estas xornadas formativas, que contan coa colaboración da Consellería de Emprego e Igualdade, terán unha duración aproximada de 2 horas e media, e serán impartidas por un experto en Prevención de Riscos Laborais.

 

En cada sesión trataranse os seguintes módulos:

  • Prevención de riscos no uso de maquinaria agrícola
  • Prevención de riscos no uso de productos fitosanitarios

 

A asistencia ás xornadas será libre e gratuíta ata completarse o aforo. Tódolos asistentes recibirán un tríptico informativo e documentación de interese xeral.

 

Para o correcto desenvolvemento das actividades, ASAGA intentará ter en cada sesión algún tipo de maquinaria agrícola para que os asistentes poidan seguir de primeira man as medidas de seguridade que teñen que adoptar ao utilizar os tractores ou apeiros para a actividade agrícola e gandeira.

 

Nas dúas sesión desta semana contaremos coa presenza dun tractor cedido pola empresa especializada en maquinaria agrícola Millares Torrón, S.L.