• galego
  • Español

Asesoramento xurídico

Contamos cun equipo propio de catro avogados que están para atender e resolve-los problemas de tipo xurídico dos nosos socios en pleitos, dereitos reais, arrendamentos rústicos, concentración parcelaria, certificados de últimas vontades, valoracións, taxacións, etc.

A Asociación Agraria de Galicia ten subscritos acordos con varios bufetes en tódalas localidades galegas onde existen oficinas da organización e, en virtude deses acordos, a primeira consulta é de balde. No caso de seguir adiante co proceso, os socios gozan de descontos con ditos bufetes. Unha mostra da nosa importante labor neste campo é que nós dous últimos anos superáronse as 12.000 consultas.