Durante as seguintes semanas desenvoveranse en diversos puntos de Galicia sesións formativas para reducir a siniestralidade no rural

Durante os meses de setembro e outubro, a Asociación Agraria de Galicia organizará en varios puntos da nosa comunidade unha serie de “Xornadas divulgativas sobre a Prevención de Riscos Laborais no uso de Maquinaria Agrícola”. A sesión inaugural terá lugar este xoves 30 de setembro, a partir das 11:30 da mañá, en Comercial Agrícola Ribadeo (O Pinar, Nº 7, Ribadeo -Lugo-).

Todas estas xornadas formativas terán unha duración aproximada de 2 horas e media, e serán impartidas por unha Titulada Enxeñeira de Montes e/ou Enxeñeiro Agrícola, con titulación Técnica Superior en Prevención de Riscos Laborais.

En cada sesión trataranse os seguintes módulos:

  • Prevención de riscos no uso de maquinaria agrícola
  • Prevención de riscos no uso de produtos fitosanitarios

[heading]Asistencia gratuíta[/heading]

A asistencia ás xornadas será libre e gratuíta ata completarse o aforo. Tódolos asistentes recibirán un tríptico informativo e documentación de interese xeral.

Para o correcto desenvolvemento das actividades, ASAGA intentará ter en cada sesión algún tipo de maquinaria agrícola para que os asistentes poidan seguir de primeira man as medidas de seguridade que teñen que adoptar ao utilizar os tractores ou apeiros para a actividade agrícola e gandeira.

Na xornada inaugural que terá lugar este xoves en Ribadeo, contaremos coa presenza dunha manipuladora telescópica da marca JCB, módelo 536-95, AGRIXTRA. Nesta ocasión, os equipos son cedidos pola empresa especializada en maquinaria agrícola Millares Torrón, S.L.

Comments are closed.