• galego
  • Español

Historia

A Asociación Agraria de Galicia foi creada no ano 2015 por un grupo de profesionais da agricultura, da gandeiría e do sector forestal con moitos anos de experiencia o fronte de explotacions e empresas agroalimentarias e na defensa dos agricultores, gandeiros e produtores forestais de Galicia. A organización fundouse para a representación, xestión, defensa e fomento dos intereses profesionais do sector agropecuario en xeral, así coma das persoas que viven no rural. O seu obxectivo é a defensa das explotacións familiares e das empresas agrarias baixo calquera forma de iniciativa privada, traballando para acadar o seu desenvolvemento como actividade económica viable, e defendendo tanto a nivel nacional como internacional a competitividade do sector agropecuario galego. A organización sempre prestará unha especial atención aos máis novos, intentando mellorar as súas condicións de acceso ao exercicio da actividade, así como a súa capacitación e formación profesional.

Como organización de vocación xeral, a Asociación Agraira de Galicia integra tódalas ramas da actividade agraria nas súas modalidades agrícolas, gandeira, de aproveitamento forestal, de xestión medioambiental e, incluso, das novas modalidades de actividades complementarias no medio rural, coma pode ser o agroturismo.

A asociación conta na comunidade cunha rede de nove oficinas colaboradoras situadas nas catro provincias galegas, dende as que atende a tódolos seus socios e aos profesionais do sector agropecuario.
 
A pesar da súa recente fundación, a  Asociación Agraria de Galicia conseguiu consolidar a súa lexitimidade no sector nas eleccións celebradas en 2017  para renovar os membros de 21 plenos dos consellos reguladores das denominacións de orixe e das indicacións xeográficas protexidas da nosa comunidade. As listas presentadas pola asociación, que por primeira vez se presentaba a estos comicios, acadou vinte e un vogais. Deste xeito, convertiuse na segunda organización con maior representación nos consellos reguladores galegos, a moi pouca distancia da primeira, e aventaxando claramente á terceira e a cuarta.