• galego
  • Español

Novas

ASAGA presenta a súa candidatura ás eleccións ao Consello Regulador das IXP’s Carne de Vacún de Galicia

A Asociación Agraria de Galicia presentou a súa candidatura ás eleccións ao Consello Regulador das IXP’s Carne de Vacún de Galicia, dentro do censo A1-Ganderías. Co apoio dos gandeiros profesionais, esperamos poder seguir defendendo os intereses do sector, coma sempre fixemos. As eleccións serán o domingo 19 de febreiro, entre as dez da mañá e […]

ASAGA mostra a súa satisfacción porque ENCE vaia a permanecer en Galicia, polo menos, ata 2073

A Asociación Agraria de Galicia quere mostrar a súa satisfacción porque ENCE vaia continuar traballando en Galicia, trala decisión do Tribunal Supremo de darlle a razón á papelera, e confirmar a prórroga para que poida continuar empregando as súas instalacións en Pontevedra ata 2073. ASAGA considera unha gran noticia para esta comunidade que ENCE continue […]

Xa podedes ver o novo número de Axenda Agraria na nosa web

Xa tedes dispoñible a edición dixital do novo número de Axenda Agraria. Podedes acceder a el dende este enlace: https://revista.asaga.gal/

ASAGA presenta candidaturas para as eleccións de doce Consellos Reguladores galegos

A Asociación Agraria de Galicia presentou esta semana as súas candidaturas ás eleccións convocadas nos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe e das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia. ASAGA concorrerá en 12 dos 15 organismos que no mes de febreiro renovarán os seus plenos. A asociación presentou 100 candidatos nas listas coas que concorre a […]

Xa está dispoñible a versión dixital do novo número de Axenda Agraria

Xa tedes dispoñible a edición dixital do novo número de Axenda Agraria. Podedes acceder a el dende este enlace: https://revista.asaga.gal/

ASAGA aposta pola enerxía verde

Atopar solucións para que os membros da Asociación Agraria de Galicia poidan facer fronte aos incrementos desorbitados do prezo da luz, entre outros custos de produción, é un dos obxectivos de Agraria Energía, unha consultora especializada que naceu para fomentar a utilización de enerxías verdes no sector agrario. Así, ASAGA súmase ao grupo de organizacións […]

A solución ao aumento dos prezos nunca pode pasar por poñerlles un tope máximo. Que sería o seguinte? A cartilla de racionamento?

COMUNICADO DA ASOCIACIÓN AGRARIA DE GALICIA O agricultor e o gandeiro son os primeiros e máis importantes eslabóns da cadea agroalimentaria. Sen produtores non hai comida nas estanterías dos supermercados. Isto que resulta unha obviedade para calquera persoa con dous dedos de frente, parece non importarlle o máis mínimo nin á vicepresidenta Yolanda Díaz nin […]

O presidente de ASAGA, Francisco Bello, analizou onte na TVG o problema da seca que afecta ao campo galego

O programa “Quen anda aí?” da Televisión de Galicia entrevistou onte en directo ao presidente da Asociación Agraria de Galicia, Francisco Bello, para falar sobre a seca que está afectando ao campo galego. Podedes ver a entrevista no seguinte enlace, a partir do minuto 33’28”:    – Entrevista a Francisco Bello na Televisión de Galicia

Xa está dispoñible a versión dixital do novo número de Axenda Agraria

Xa tedes dispoñible a edición dixital do novo número de Axenda Agraria. Podedes acceder a el dende este enlace: https://revista.asaga.gal/  

ASAGA quere mostrar o seu apoio aos afectados polos incendios e pídelle ás administracións que axilicen a concesión de axudas

A Asociación Agraria de Galicia quere mostrar o seu apoio a todas as persoas afectadas polos incendios que nos últimos días están arrasando Galicia e España. Esperamos que nas próximas horas a situación mellore en todos os concellos onde os lumes continúan activos, ata lograr a súa total extinción. ASAGA, quere pedirlle ás autoridades que […]