• galego
  • Español

ASAGA alerta das funestas consecuencias que terá a Lei de Restauración da Natureza se finalmente se aproba no Parlamento Europeo

A proposta de lei presentada por un eurodeputado do PSOE reintroduciu no texto os ecosistemas agrícolas que xa foran rexeitados pola maioría de da Eurocámara

O negociador principal no “trílogo” (negociación) e ponente da proposta da Lei de Restauración da Natureza do Parlamento Europeo, o eurodeputado socialista César Luena, reintroduciu os ecosistemas agrícolas no texto (Artigo 9), que xa foran rexeitados pola maioría de deputados da Eurocámara o pasado 27 de xuño. Para a Asociación Agraria de Galicia, isto, unido aos expedientes da estratexia ‘Da Granxa á Mesa’, e ao Regulamento de Uso Sostible de Fitosanitarios (SUR), “creará un escenario insostible para o campo galego, español e europeo”.

A comunidade agrícola europea está moi preocupada polo acordó alcanzado na noite do xoves 9 de novembro polos negociadores no diálogo a tres bandas sobre a Lei de Restauración da Natureza. A pesar dalgúns pequenos cambios, para o presidente da Asociación Agraria de Galicia, Francisco Bello, o compromiso final global volve a ser “unha proposta totalmente irrealista para os agricultores e os propietarios forestais, e forza ao Parlamento Europeo a reposicionarse sobre toda a proposta”.

Este acordo reavivará o acalorado debate en Bruselas. Ao reintroducir o Artigo 9 sobre os ecosistemas agrícolas, os negociadores decidiron volver a situar no centro do regulamento numerosas disposicións pouco realistas e sen orzamento previsto, que pasarán factura aos agricultores, gandeiros, silvicultores e cazadores europeos. Conscientes do desfase entre as ambicións do texto e as medidas compensatorias ausentes, os negociadores acordaron que a Comunidade Europea evalúe a aplicación do Regulamento a máis tardar o 31 de decembro de 2033, recoñecendo así que podería ter graves repercusións para os sectores productores de alimentos.

Escenario insostible para o campo

As propostas alcanzadas, sumadas aos demais expedientes da estratexia ‘Da Granxa á Mesa’, como o Regulamento de Uso Sostible de Fitosanitarios (SUR), producirá un escenario insostible para o campo europeo. Ao non respetar a posición que expresou a maioría do Parlamento Europeo, o ponente socialista César Luena empurrou a todos os eurodiputados a reposicionarse sobre este texto.

Nembargantes, coa pretensión de contentar aos agricultores, gandeiros, silvicultores e cazadores europeos, a nova proposta inclúe un “freno de emerxencia” que ofrece a posibilidade de suspender a aplicación das disposicións do regulamento relacionadas cos ecosistemas agrícolas durante un ano, en caso de verse ameazada a seguridade e asequibilidade alimentaria ou por catástrofes naturais. Para ASAGA, “o político socialista, que é o negociador principal do trílogo, demostrou a súa desconexión coa realidade agraria e medioambiental ao soster que estas ameazas poden arranxarse só nun ano”.

Tal como xa advertiu a Asociación Agraria de Galicia na nota de prensa do pasado 27 de xuño, a pesar das emendas, esta lei sigue estando fundamentalmente mal preparada e seguirá sendo inaplicable para os agricultores e propietarios forestais. Por iso, ASAGA anuncia que vixiará de preto ás negociacións que se celebren nos vindeiros meses, asegurándose de que se respete a subsidiariedade e a inclusión activa dos agricultores na toma de decisións que afecten directamente ao medio rural.