• galego
  • Español

ASAGA rechaza por insuficientes las medidas anunciadas por el Ministerio para los ganaderos de carne

Desde la Asociación Agraria de Galicia, ASAGA, consideramos totalmente insuficientes las ayudas anunciadas por el Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación para los ganaderos dedicados a la producción de carne.

Segundo o establecido no borrador do Real Decreto polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión directa dunha axuda excepcional para compensar as dificultades económicas derivadas do conflito bélico en Ucrania, as axudas por vaca nodriza serán de 60€/cabeza, cun máximo de 125 vacas por gandeiro. Por outra parte, as axudas aos becerros, serán de 15€/cabeza, cun tope de 520 por gandeiro.

Dende ASAGA consideramos que o sector produtor de carne en Galicia xa levaba atravesando graves dificultades económicas dende fai anos, pero esas condicións aínda se agravaron máis pola pandemia do COVID-19 durante os últimos 24 meses. Por se isto fora pouco, a suba dos costes de produción no último ano poden ser a puntilla para moitas explotacións gandeiras de carne na nosa comunidade.

 

Decisións inasumibles

Para a Asociación Agraria de Galicia resulta incomprensible que a axuda por cada vaca de carne non sexa a mesma que para as de leite, que está fixada en 210 € por vaca. Outro dos aspectos inadmisibles para ASAGA é o disposto no artigo 6 do borrador do Real Decreto, onde se indica que estas axudas son incompatibles con calquera outra que as Comunidades Autónomas puideran destinar para este sector.

 

Nas conversas mantidas polo presidente da asociación, Francisco Bello, con responsables da Conselleria do Medio Rural, incidimos en alegar ante o Ministerio de Agricultura contra varios artigos do borrador, e, en concreto, contra o disposto neste artigo 6. En segundo lugar, tamén explicamos a necesidade imperiosa de que se busquen alternativas que permitan que as cantidades que a Xunta xa tiña anunciado destinar ao sector, poidan ser complementarias das previstas no Real Decreto do Goberno.

Por todo o expresado anteriormente, dende a Asociación Agraria de Galicia esperamos que sexan atendidas todas estas cuestións, e que os gandeiros perciban axiña a maior contía posible de axudas.