• galego
  • Español

ASAGA esixe un acordo Produción-Industria-Distribución para facer fronte á grave crise do sector leiteiro español

A Asociación Agraria de Galicia pide ao Ministerio que se comprometa a impulsar unha negociación entre a produción, a industria e a distribución; co fin de garantizar o equilibrio na cadea de valor do leite. Se isto non se produce de inmediato, o sector do vacún de leite verase empurrado ao peche masivo de explotacións, comezando polas máis vulnerables, que son as do modelo de explotación familiar. Un modelo que é o maioritario en Galicia, e que de verse perxudicado ocasionaría importantes consecuencias sociais e económicas.

O problema dos gandeiros galegos e españois é que non teñen capacidade para negociar coas industrias, que a súa vez están presionadas pola gran distribución, polo que arrastran prezos de venda do leite en orixe que xa eran pouco xenerosos antes do comezo da subida das materias primas dos piensos. Aínda que de cara á negociación de prezos do segundo semestre do año admítese que vai haber unha subida, as primeiras ofertas das industrias máis importantes que operan no noso país apenas cubrirían una cuarta parte dos custos que soportan os gandeiros. Esta situación vense a sumar á xa denunciada pola Asociación Agraria de Galicia e outras organizacións como ASAJA reiteradamente. Non esquezamos que dende o ano 2016 as centrais leiteiras pagan ao gandeiro español unha media de 3-4 céntimos por litro menos do que lles pagan aos gandeiros de países excedentarios e exportadores como Alemania ou Francia.

O incesable aumento de prezos das materias primas empregadas na elaboración dos concentrados da alimentación animal, está levando ás explotacións de vacún de leite a unha situación económica moi comprometida. Moitas delas diríxense a unha descapitalización e, incluso, a un posible peche. Os prezos das materias primas empregadas na fabricación de piensos están en niveis históricos e non hai expectativa de que a curto prazo retomen a normalidade. Esta situación está supoñendo uhna sangría económica para o sector gandeiro en xeral, e para o da produción de leite en particular.

O Incremento dos custos de produción, que o gandeiro non pode repercutir na venda do leite, vai provocar o peche de moitas explotacións

Aumento dos custos de produción

Coa actual subida de prezos de cereais e oleaxinosas, producir un litro de leite hoxe costa catro céntimos de euro máis que no mes de setembro do ano pasado. Isto non se tivo en conta nas negociacións dos contratos realizados ata agora, pois o prezo do leite permaneceru estable entre 32 e 34 céntimos de euro, según industrias, gandeiros e zonas de produción.

O número de gandeiros con entregas declaradas en vacún de leite en España no mes de maio de 2021 foi de 11.880, o que supón un descenso do 0,3% con respecto ao mes anterior, e ademais resulta ser un 5,6% inferior ao mesmo mes do ano 2020.