• galego
  • Español

Novas

ASAGA oponse frontalmente ao peche de oficinas bancarias no rural

A Asociación Agraria de Galicia pídelle ás entidades financeiras que non deixen aos concellos pequenos sen un servizo fundamental Despois das decisións tomadas por varias entidades bancarias (entre as que se atopa a maioritaria na nosa comunidade, ABANCA) de pechar oficinas en diferentes concellos das catro provincias galegas, a Asociación Agraria de Galicia quere manifestar […]

ASAGA esixe un acordo Produción-Industria-Distribución para facer fronte á grave crise do sector leiteiro español

A Asociación Agraria de Galicia pide ao Ministerio que se comprometa a impulsar unha negociación entre a produción, a industria e a distribución; co fin de garantizar o equilibrio na cadea de valor do leite. Se isto non se produce de inmediato, o sector do vacún de leite verase empurrado ao peche masivo de explotacións, […]

Xa está dispoñible a versión dixital do novo número de Axenda Agraria

Xa tedes dispoñible a edición dixital do novo número de Axenda Agraria. Podedes acceder a el dende este enlace: https://revista.asaga.gal/

ASAGA apoia totalmente a manifestación convocada para mañá en defensa da permanencia de ENCE en Pontevedra

A Asociación Agraria de Galicia quere facer público o seu total apoio á manifestación convocada para mañá venres en defensa da permanencia de ENCE en Pontevedra. Se o Goberno central non confirma a prórroga de 60 anos concedida polo executivo anterior, todo o sector forestal galego sufrirá unha das peores crises da súa historia. De […]

Reforma da PAC 2021-2027: No aprobado sobra ideoloxía e falta agronomía

  A reforma da PAC, que leva máis de tres anos en negociacións nas instancias comunitarias, deu un paso importante para a súa adopción nos acordos acadados en “Trílogos” (reunións tripartitas entre Consello, Parlamento Europeo e Comisión), e posteriormente na súa ratificación polo Consello de Agricultura da UE co que remata a presidencia portuguesa. En […]

ASAGA participou hoxe en Madrid na manifestación en defensa dos gandeiros para pedir que non aumente a protección do lobo

A Asociación Agraria de Galicia participou hoxe en Madrid na manifestación convocada para protestar contra a proposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico de aumentar o nivel de protección do lobo. A entidade organizadora, a Plataforma en Defensa da Xestión do Lobo “Ganader@ Viv@”, pretende impedir que se efectúe a inclusión deste […]

ASAGA participará mañá en Madrid na manifestación para protestar contra a ampliación do nivel de protección do lobo

A Asociación Agraria de Galicia participará mañá en Madrid na manifestación convocada para protestar contra a proposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico de aumentar o nivel de protección do lobo. O obxectivo é impedir que se efectúe a inclusión deste animal no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección […]

ASAGA pedirá a dimisión de Teresa Ribera se non retira o proxecto de orde ministerial que inclúe ao lobo no LESPRE

A Asociación Agraria de Galicia súmase á petición de ASAJA, COAG e UPA e pedirá a dimisión da vicepresidenta Teresa Ribera si, con carácter inmediato, non se retira o proxecto de orde ministerial que inclúe ao Lobo no Listado de Especies Silvestres de Protección Especial (LESPRE). A sorprendente publicación de onte do proxecto de orde […]

ASAGA pídello ao Goberno español que non execute o plan de cobrar peaxes en autovías e estradas convencionais

A Asociación Agraria de Galicia quere mostrar o seu total desacordo co plan do Goberno español de implantar peaxes nas autovías e nas estradas da rede viaria estatal. Para o presidente de ASAGA, Francisco Bello, “esa decisión podería perxudicar gravemente a tódolos cidadáns, pero especialmente ás empresas e autónomos que dependen de realizar ou recibir […]

ASAGA lamenta que o Goberno non escoite ás rexións afectadas e continúe coa intención de aumentar a protección do lobo

A Asociación Agraria de Galicia non entende que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico continúe coa súa pretensión de aumentar o nivel de protección do lobo. Se xa en febreiro catro comunidades autónomas, Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León; manifestaron o seu total desacordo con esta medida, durante a Conferencia […]