• galego
  • Español

A PAC recortarase un 10% no período 2021-2027

A meirande parte dos coordinadores dos grupos políticos na Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo (COMAGRI) acodaron a mediados de xullo iniciar o procedemento que deberá conducir á votación plenaria da reforma da Política Agraria Común (PAC) a finais do mes de outubro.
Neste sentido, o presidente da Comisión de Agricultura do organismo, Norbert Linds, puxo de manifestó que “a COMAGRI, como responsable principal do informe sobre a reforma da PAC, seguirá traballando de xeito eficiente para garantir que o Parlamento Europeo poida aprobar un mandato sólido para os seus negociadores xa na segunda metade de outubro”. Isto permitiría iniciar as negociacións interinstitucionais baixo a Presidencia alemá do Consello.

O que parece que está claro é que os fondos destinados á PAC se van recortar nun 10% no período 2021-2027 en comparación ao actual marco orzamentario 2014-2020. Isto quere dicir que se vai pasar de 38.856 millóns de euros a 27.500 millóns, o que supón fortes recortes en pagamentos directos e axudas de mercado.
Os cálculos teñen en conta as achegar que se realizaron no marco do Fondo de Recuperación Next Generation que, malia recortar a súa dotación en
desenvolvemento á metade do inicialmente previsto, evitan en certa medida que as perdas de fondos sexan aínda maiores.
Sen ter aínda cálculos exacto de como o recorte afectará a España, as estimacións iniciais indican que o noso país podería perder uns 4.740 millóns de euros neste apartado.

Negociacións co Comité de Medio Ambiente


Tras o recente cumio da recuperación por parte dos xefes de Goberno da UE, as negociacións da PAC han de ser dirimidas tamén co Comité de Medio Ambiente do Parlamento Europeo. Neste sentido, Lins afirmou que a COMAGRI “seguirá traballando de maneira eficiente, construtiva e incansable aínda que baixo un gran presión, para ofrecer unha PAC mellor e máis verde para os nosos   agricultores e cidadáns. E tamén para achegar ao sector unha seguridade xurídica o antes posible”.
A maioría dos coordinadores dos comités decidiron pedir aos grupos políticos que dean a coñecer o seu posicionamento sobre a arquitectura verde da futura PAC a primeiros do mes de setembro.
Os poñentes da reforma da Política Agraria Común, Peter Jahr (PPE, DE), Ulrike Müller (RE, DE) e Eric Andrieu (S&D, FR), encargaranse posteriormente de negociar as enmendas de compromiso no ámbito plenario, baixo o liderado da Comisión de Agricultura, con vistas a celebrar unha votación plenaria  as sesións que se celebrarán entre o 19 e o 22 de outubro.

España é un dos países que defende unha maior ambición climática ambiental da PAC

Posicionamento de España


España é, precisamente, un dos países que defende unha maior ambición climática e ambiental da PAC. E parece claro que se vai aplicar no vindeiro sexenio un total do 30% do importe dos dous primeiros piares da PAC a un obxectivo climático, o que representa ata 1.824.000 euros.
España comparte, ademais, o obxectivo da Presidencia alemá, de quenda na UE, de que é preciso acadar un acordo xeral, parcial polo menos, no Consello de Ministros de outubro.
Neste sentido, o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación do Goberno de España, Luis Planas, destacou que para progresar no deseño dos plans estratéxicos nacionais, a PAC ten que contar cos instrumentos precisos para garantir unha transición xusta que permita a agricultores e gandeiros desembocar nun novo modelo produtivo.
Respecto á posibilidade de chegar a un acordo en outubro, o ministro asegurou que España esta en disposición de contar co seu plan estratéxico a principios de 2021. Xunto a isto, foi contundente ao afirmar que “se os europeos adoptamos reglas máis estritas para a produción agrícola e gandeira,
teremos que aplicar unhas reglas semellantes para a importación de produtos de países terceiros”.