• galego
  • Español

A Asociación Agraria de Galicia pídelle ao presidente da Xunta que se opoña ás estratexias agrogandeiras impulsadas pola Comisión Europea

A Asociación Agraria de Galicia solicitoulle onte formalmente ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, que se opoña ás dúas estratexias de actuación que presentou o mércores a Comisión Europea no marco do Pacto Verde. Unas estratexias que, segundo o presidente da Asociación, Francisco Bello, “se se executan van ter unha forte repercusión para o sector agrario europeo en xeral, e para o español e galego en particular”.

Estas dúas estratexias son as chamadas “Da granxa á mesa” e “Estratexia para a biodiversidade no horizonte 2030”. O plantexamento é o seguinte:

Obrigación de que ao menos un 25% do total da superficie agraria da Unión Europea sexa ecolóxica para o ano 2030, que o 10% das terras agrarias se destinen a elementos non produtivos, que o uso de abonos se reduza nun 20%, que o uso de fitosanitarios se recorte nun 50%, ou que se abra a posibilidade de incrementar as zonas incluídas en Red Natura 2000, coas limitacións que delo se deriven para a actividade agrícola e gandeira.

Todo este cúmulo de despropósitos tradúcese en máis trabas, cortapisas e condicionantes á agricultura produtiva europea, reducindo a nosa autonomía alimentaria e incrementando a dependencia das producións de terceiros países. Francisco Bello puxo en valor na carta que lle enviou ao presidente da Xunta que “nos últimos tres meses, marcados pola profunda crise do COVID-19, o sector agrario e o resto da cadea agroalimentaria estiveron xunto coa sanidade, o transporte e as Forzas Armadas na primeira liña da batalla fronte á pandemia. Os gandeiros e os agricultores -aprazando as súas xustas reivindicacións para máis adiante- ofreceron de forma diaria e continua alimentos sans, seguros, de calidade e en cantidade suficiente para poder dar tranquilidade aos nosos vecinos. Deste xeito, contribuíron a manter a serenidade da población confinada nos seus domicilios”.

Se algo se demostrou durante a pandemia, foi que a saúde e alimentación da poboación europea non poden estar en mans de terceiros países. Os sectores estratéxicos non deben deslocalizarse. Ao menos, así o entenderon millóns de habitantes e líderes europeos que respiraron moito máis tranquilos ao comprobar coma, gracias á PAC e ao esforzó e o tesón dos seus agricultores, as estanterías dos supermercados mantivéronse ben surtidas.

Non obstante, de persistir estas propostas sen sentido e contra toda lóxica, a resposta que daría o sector agrario ante unha situación similar á actual veríase moi mermada, arriscando con elo a autonomía e a independencia alimentaria da propia Unión Europea.

A reapertura dos mercados gandeiros dende o día de hoxe, e o adianto dos pagos da PAC si que son novas positivas para os profesionais do sector

Reapertura dos mercados gandeiros

Por outra parte, a Asociación Agraria de Galicia agradeceulle á administración que atendese varias das peticións que lle trasladou a finais de abril, coma que dende hoxe se poidan volver a abrir os mercados gandeiros. Esta reapertura, coma xa manifestamos no seu momento, era unha medida indispensable para a sostenibilidade dos gandeiros da nosa comunidade.

Francisco Bello tamén valorou moi positivamente que, tal e como lle pediu a Asociación ao conselleiro do Medio Rural, a Xunta de Galicia vaia pagar nestes días a máis de 4.000 agricultores e gandeiros os case 16 millóns de euros que lles debía polas axudas da PAC de 2019. En concreto, o Fondo Gallego de Garantía Agraria (Fogga) xa comezou a abonar as aportacións correspondentes ás medidas de desenvolvemento rural.

 

No que se refire á convocatoria da PAC de 2020, e tamén atendendo ás peticións da Asociación Agraria de Galicia, ampliouse o prazo de presentación de solicitudes ata o 15 de xuño. Deste xeito, inténtase que os gandeiros galegos non se vexan perxudicados polas restriccións que se impuxeron por mor da crise do Coronavirus. Medidas que, en moitos casos, dificultaron moitísimo o seu acceso aos bancos e ás entidades coas que estaban tramitando as axudas.