• galego
  • Español

Asaja crea unha bolsa de traballo para facilitar a contratación de traballadores nas campañas de recolección

Imaxe promocional da campaña

ASAJA, en colaboración coa empresa ESRI España, líder mundial en tecnoloxía de “Location Intelligence”, puxo en marcha unha bolsa de traballo que ten como finalidade canalizar as demandas de emprego que se rexistren cara aos empresarios agrarios que necesitan man de obra de cara ás diferentes campañas de recolección. Segundo os cálculos de ASAJA, o sector agrario español requerirá, para os próximos meses, un volume de traballadores que oscila entre 100.000 e 150.000 eventuais.

Esta plataforma, a través da cal os demandantes de emprego de toda España canalizan as súas solicitudes de traballo e os ofertantes podrerán dispor da demanda real de traballadores por localidades, está operativa dende o pasado 8 de abril, día en que se publicou o RD do Goberno con medidas urxentes de carácter temporal en materia de emprego agrario. Para acceder á mesma, os interesados deberán facelo a través da web de ASAJA (www.asaja.com) enchendo un formulario onde terán que engadir os seus datos persoais, así como o seu domicilio e as campañas agrarias nas que queiran participar.

Unha vez recollidos os datos, ASAJA, dende as súas distintas delegacións provinciais, poderá ver nun cadro de mando cantos traballadores están rexistrados, en que campañas queren participar, e, o mais importante, onde viven. Deste xeito, e valéndose de mapas intelixentes, cada delegación poderá ir distribuíndo aos traballadores en función da normativa de movemento vixente, respectando as normas de proximidade do termo municipal ou municipios lindeiros para reducir os desprazamentos.

Con esta ferramenta e a ampla implantación de ASAJA en todo o territorio nacional, queremos contribuír a paliar o grave problema que preocupa, por un lado, a miles de empresarios agrarios que ven como as súas producións poden quedarse no campo sen ser recollidas, e por outro, a miles de traballadores que se atopan sen traballo e corren serio perigo de non poder recuperalo.

Segundo os cálculos de ASAJA, as necesidades de man de obra do sector agrario cífranse neste momento entre 100.000 e 150.000 traballadores. Só no Val do Ebro, os empresarios da froita de óso necesitarán nas próximas semanas 50.000 traballadores. Primeiro para as tarefas de aclareo da froita, e despois para a recolección de nectarinas, albaricoques, pexegos e ameixas. En similar situación vense os produtores de cultivos como a cereixa do val do Jerte ou os nísperos de Alicante;  e hortícolas como o allo nas zonas produtoras de Granada, Córdoba e Cuenca; o espárrago de Guadalajara ou as cebolas e patacas de Valencia. En suma, unha importante  demanda de  traballadores eventuais, que é esencial para cubrir tarefas  inaprazables do sector agrario para que este poida seguir  abastecendo á sociedade.

Imaxe promocional da campaña para empresas